Madrid, venres 24 e sábado 25 de febreiro

I Encontro do ecosistema crítico do libro

Madrid, vernes 24 e sábado 25 de febreiro

Traballamos con libros porque cremos que son ferramentas de transformación social. Polo que contan ao ouvido, ás veces dende moi lonxe no tempo e no espazo, e polos vencellos que xeran no seu troco e discusión en cada lugar.

Somos librarías, editoriais e distribuidoras críticas ou fora de molde ou con vocación transformadora ou rompedora… O que a miúdo englóbase baixo o sinal de librarías ou editoriais críticas, independentes ou políticas.

Queremos reunirnos para xerar unha análise propia arredor do sector do libro e as súas grandes tendencias. Para fixar as nosas liñas estratéxicas, tanto no que atinxe á sostibilidade como no concernente a maximizar a potencia dos nosos proxectos. Cremos de feito que ámbalas dúas van da man.

Temos escollido tres nós e tres liñas estratéxicas para debater no Encontro, á espera das vosas aportacións nas distintas sesións

A proliferación de librarías e editoriais críticas que traballan con textos e eventos similares poden pecharnos nun marco de competencia de suma cero. Pero non estamos aquí para repartir nada, estamos aquí para reventar a tarta. Se somos máis, tamén poderiamos chegar máis lonxe, a máis xente. ¿Cómo o faremos? ¿Cómo ampliamos xuntos o noso radio de alcance?

O comercio dixital dificulta os usos colectivos e os encontros e intercambios físicos que favorecen os libros, tamén a posibilidade de recomendar novidades que abran ao inesperado nas librarías, xusto o que nós adicámonos a alimentar. O tecido social que axudamos a construir no noso cotián é a base de calqueira transformación. ¿Cómo dicilo máis alto e mellor? ¿Cómo poñermos en valor?

A estrutura empresarial do sector e a nosa propia precariedade dificultan moito a construción fóra dos grandes grupos: precisamos mellores condicións na distribución, mellorar os nosos servizos e maior capacidade de financiamento. Pero é un merlán que se morde o rabo. Pondo por diante os criterios comerciais, (nós) debilitamos os proxectos que son algo máis que un negocio, porque precisamente en resposta a outros principios e obxectivos, precisamos de estruturas empresariais máis sólidas (o que implica unha maior cooperación entre proxectos) que nos permitan competir.

Pero, ¿podería a cooperación intersectorial (entre librarías, distribuidoras e editoriais, e outros dispositivos do libro), baseada en alianzas políticas, xerar un circuíto que ao cabo fixéranos máis autónomos, que nos dotara da sostibilidade e a potencia que buscamos? ¿Cómo fortalecer entre nós o ecosistema crítico do libro?

Queremos «ampliar públicos», «poñernos en valor» e «cooperar e non competir» nun marco de alianzas intersectoriais. Porque, atomizados na cadea de valor do libro, póñennos uns contra dos outros, e perdemos de vista que os usos máis frutífero dos libros, tamén os máis sostibles, dependen das alianzas sociais e políticas das que beban en se alimenten.

¿Qué outros nós e liñas estratéxicas habería que incluir? ¿Cómo desenvolver estas? O Encontro será un tempo para aprender de experiencias virtuosas, para poñer en común diagnoses e, sobre todo, desexamos, para pensar formas concretas de fortalecernos xuntas.